O século do milagre
Rodrigo Costoya
Belletristik / Historische Romane und Erzählungen
Beschreibung
De milagres fantasiosos Disque Compostela naceu cando Paio, o eremita, foi guiado por unhas luminarias misteriosas ata a tumba do apóstolo Santiago. De aí o nome de Campus Stellae. E tamén disque o rei Afonso II foi o primeiro peregrino da historia. E que comezou así unha afluencia masiva de camiñantes que non cesou ata os nosos días. Unha incrible sucesión de milagres, non é? Pois lamento dicir que todo isto é mentira. Unha lenda, máis nada. Unha fantasía. A Compostela primixenia Nos primeiros tempos, ao redor dun sepulcro sen identificar non había máis nada que un burgo modesto e unha pequena igrexa. O propio Vaticano desmentiu que esa puidese ser a tumba de Iacobus, e mesmo algún bispo chegou a ser excomungado por defender esa tese. Un milagre tanxible É no ano 1068 cando nace Diego. El fixo de Compostela un arcebispado, e creou a catedral máis fastosa do mundo. El coroou reis e entronizou papas, ordenou escribir os códices máis marabillosos e puxo a insignificante Compostela á altura de Roma e de Xerusalén. El creou o Camiño de Santiago, e en base a el forxou Europa. Esta é a súa historia, e é real. Isto é o que el construíu no século do milagre. Ata agora coñecías a lenda. Agora has descubrir a verdade.
Kundenbewertungen
Mejores novelas históricas, novelas históricas en galego, mejores novelas históricas para regalar, mejores novelas históricas para regalar el dia del padre, novela histórica, novelas históricas en gallego, Novela camino de santiago en galego